AS VIAXES DE PAPIRUS
Caderno de viaxe da nosa mascota.
viernes, 25 de junio de 2010
domingo, 20 de junio de 2010
CARTA DE DESPEDIDA
E chegou o fin de curso e con el a despedida da nosa mascota, que nos escribe aínda dende as Terras do Sol Nacente.
Ten moitas ganas de nos ver e síntese moi orgulloso de nos, como nos di na súa carta.
Voltara para o próximo curso ou seguirá a percorrer mundo?
Polo de agora non sabemos nada pero temos a esperanza de que nos veña visitar pronto.
Boas vacacións e non deixedes de ser felices!!!
Ten moitas ganas de nos ver e síntese moi orgulloso de nos, como nos di na súa carta.
Voltara para o próximo curso ou seguirá a percorrer mundo?
Polo de agora non sabemos nada pero temos a esperanza de que nos veña visitar pronto.
Boas vacacións e non deixedes de ser felices!!!
lunes, 17 de mayo de 2010
PAPIRUS EN ÁFRICA
Seguindo á nosa mascota, chegamos a este continente e froito da nosa investigación xurde esta presentación que recolle os traballos que os nenos e nenas fixeron nas súas titorías.
AFRICA
View more presentations or Upload your own.
viernes, 23 de abril de 2010
UN BULEBULE PERCORRE O COLEXIO
Se hai algo que intriga a comunidade deste centro educativo é averiguar onde se atopa o polbo “Papirus” desaparecido da biblioteca do colexio dende o pasado verán. As nenas e nenos de 4º adicáronse a recoller rumores.
Había unha vez, un polbo sabio
que vivía nun castelo no fondo do mar.
De todos eran coñecidas
a súa erudición e nobreza,
sempre disposto a axudar.
Eran moitas as visitas
que no seu salón recibía
cando en busca de consello,
ao bibliocastelo acudían
os veciños do lugar.
Fomentaba neles a lectura,
e a quen quixese escoitar
recomendaba con gran mestría
teatro, contos, poesía
e curiosidades que investigar.
Mais un verán acordou
a súa pericia ampliar
e para abraio da cidadanía,
que en setembro non o atoparía,
a outros mares foi navegar.
Desde aquela, envía cartas,
para a súa ausencia paliar,
nas que transmite con alegría
novidades que descobre, culturas da lonxanía
sen dicir cando ha voltar.
E velaí van os “seica” e os “disque”
que dun lado a outro bulían
por alta mar e pola ría:
Disque Papirus tiña frío
na Banda do Río.
Disque Papirus anda por Senegal
e non quere volver máis.
Disque Papirus anda por Terras do Sol Nacente
e nese continente hai moita xente.
Disque Papirus andaba por Senegal
e agora marcha para Nepal.
Disque Papirus anda por Senegal
e con bo humor non o pasa mal.
Disque Papirus anda pola China
cun amigo buscando unha mina.
Disque Papirus vai ao lago Baikal,
despois de por Senegal.
Disque Papirus anda por Terras do Sol Nacente,
e por sorte, topouse cun parente.
Disque Papirus anda por Arabia Saudí,
pero non o di.
Disque Papirus anda namorado
dun peixe encantado.
Disque Papirus está nunha illiña,
namorado dunha sereíña.
Disque Papirus está un pouco mahara,
andando en camelo polo Sahara.
Disque Papirus está moi feliz,
paseando por París.
Disque Papirus está no Amazonas,
visitando moitas zonas.
Disque Papirus está en Xamaica,
ensinando a tocar a gaita.
Disque Papirus está en Uruguai,
pasándoo moi guai.
Disque Papirus está en Roma,
gastando moitas bromas.
Disque Papirus está en Xapón,
mercando moito xabón.
Disque Papirus está en Holanda,
tocando cunha banda.
Disque Papirus está no fondo mar,
máis el xamáis vai afogar.
Disque Papirus está en Inglaterra,
coidando a súa terra.
Disque Papirus está en Senegal,
e non o pasa nada mal.
Disque Papirus esta en Paraguai,
e logo irá a Bombai.
Disque Papirus está en Barcelona,
pintando a mona.
Disque Papirus está en Nova Zelanda
tocando o bombo coa banda.
Disque Papirus está no fondo do mar,
co seu amigo o calamar.
Había unha vez, un polbo sabio
que vivía nun castelo no fondo do mar.
De todos eran coñecidas
a súa erudición e nobreza,
sempre disposto a axudar.
Eran moitas as visitas
que no seu salón recibía
cando en busca de consello,
ao bibliocastelo acudían
os veciños do lugar.
Fomentaba neles a lectura,
e a quen quixese escoitar
recomendaba con gran mestría
teatro, contos, poesía
e curiosidades que investigar.
Mais un verán acordou
a súa pericia ampliar
e para abraio da cidadanía,
que en setembro non o atoparía,
a outros mares foi navegar.
Desde aquela, envía cartas,
para a súa ausencia paliar,
nas que transmite con alegría
novidades que descobre, culturas da lonxanía
sen dicir cando ha voltar.
E velaí van os “seica” e os “disque”
que dun lado a outro bulían
por alta mar e pola ría:
Disque Papirus tiña frío
na Banda do Río.
Disque Papirus anda por Senegal
e non quere volver máis.
Disque Papirus anda por Terras do Sol Nacente
e nese continente hai moita xente.
Disque Papirus andaba por Senegal
e agora marcha para Nepal.
Disque Papirus anda por Senegal
e con bo humor non o pasa mal.
Disque Papirus anda pola China
cun amigo buscando unha mina.
Disque Papirus vai ao lago Baikal,
despois de por Senegal.
Disque Papirus anda por Terras do Sol Nacente,
e por sorte, topouse cun parente.
Disque Papirus anda por Arabia Saudí,
pero non o di.
Disque Papirus anda namorado
dun peixe encantado.
Disque Papirus está nunha illiña,
namorado dunha sereíña.
Disque Papirus está un pouco mahara,
andando en camelo polo Sahara.
Disque Papirus está moi feliz,
paseando por París.
Disque Papirus está no Amazonas,
visitando moitas zonas.
Disque Papirus está en Xamaica,
ensinando a tocar a gaita.
Disque Papirus está en Uruguai,
pasándoo moi guai.
Disque Papirus está en Roma,
gastando moitas bromas.
Disque Papirus está en Xapón,
mercando moito xabón.
Disque Papirus está en Holanda,
tocando cunha banda.
Disque Papirus está no fondo mar,
máis el xamáis vai afogar.
Disque Papirus está en Inglaterra,
coidando a súa terra.
Disque Papirus está en Senegal,
e non o pasa nada mal.
Disque Papirus esta en Paraguai,
e logo irá a Bombai.
Disque Papirus está en Barcelona,
pintando a mona.
Disque Papirus está en Nova Zelanda
tocando o bombo coa banda.
Disque Papirus está no fondo do mar,
co seu amigo o calamar.
Disque Papirus está en Arxentina,
bañándose nunha piscina.
Disque Papirus está en Indonesia,
bailando cunha tirolesa.
Disque Papirus está en Chicago,
tirándose dun lago.
Disque Papirus está en Madagascar,
comendo goma de mascar.
bañándose nunha piscina.
Disque Papirus está en Indonesia,
bailando cunha tirolesa.
Disque Papirus está en Chicago,
tirándose dun lago.
Disque Papirus está en Madagascar,
comendo goma de mascar.
viernes, 9 de abril de 2010
4º CARTA DE PAPIRUS
domingo, 21 de febrero de 2010
ÁFRICA
Este é o resultado da investigación dos nenos e nenas de 2ºA. Despois de seguirlle o rastro a Papirus ata África, aprenderon moitas cousas sobre este extenso continente.
sábado, 30 de enero de 2010
ONDE ESTÁ PAPIRUS?
Cando chegamos en setembro á nosa biblioteca soubemos dunha nova un tanto inquedante:
"Papirus non estaba agardándonos no seu recuncho, DESAPARECERA, e ninguén, nin Ramón , nin Martín o viran dende o mes de xullo".
Onde iría? Pasaríalle algo? -preguntabámonos todos.
Os nenos empezaron a botalo en falta e andaban un pouco preocupados.
"Papirus non estaba agardándonos no seu recuncho, DESAPARECERA, e ninguén, nin Ramón , nin Martín o viran dende o mes de xullo".
Onde iría? Pasaríalle algo? -preguntabámonos todos.
Os nenos empezaron a botalo en falta e andaban un pouco preocupados.
Suscribirse a:
Entradas (Atom)